viernes, 10 de junio de 2016

Unha madrugada de abril.

Outra vez máis estamos aquí,
escribindo como pasa outra semana
e xa van alá oito
                            [sen ti.

Como dicirche agora
que "es a sombra na area
e es a lúa no mar, 
es todo canto vexo 
non te deixo de pensar".

Que miramos atrás unha vez máis
unha vez máis,
  unha vez máis,
    unha vez máis,
      unha vez máis,
        unha vez máis...
Non podemos evitalo,
non somos quen de pasalo,
de esquecelo,
de borralo,

Oxalá nos viras,
agora é todo tan raro
(e máis que o vai ser).

Que non foi unha mañá de setembro,
que foi unha puta madrugada de abril,
e "que prefiro mil pesares á morte de te non ver."

No hay comentarios:

Publicar un comentario